Dentro do proxecto Erasmus+ 2025-1-ES01-KA131-HED-000332220 do noso centro, convócanse mobilidades para o profesorado de ciclos superiores.

As actividades durarán entre 2 e 5 días, poden consistir en aprendizaxe por observación ou na realización de cursos e non poderán rematar despois do 31/07/2027.

A solicitude consistirá en enviar á conta de correo electrónico

programas.internacionais.cifp.rodolfo.ucha@edu.xunta.gal

unha mensaxe na que se achegue a documentación requirida segundo o procedemento que se achega. Nese documento pódense consultar tamén os detalles da baremación para a selección de participantes.

Establécese un primeiro prazo de presentación de solicitudes que remata o día 15/10/2026 e as mobilidades que non se utilicen nesta primeira quenda poñeranse a disposición do profesorado en prazos posteriores neste curso.

Accesibilidade