O vindeiro 9 de setembro de 2026 terá lugar o comezo do curso 2026-2027 que se iniciará coa xornada de acollemento ao alumnado segundo a temporalización indicada nas táboas seguintes:
NOTA: O alumnado dos Curso de Especialización de “Ciberseguridade en Contornos das Tecnoloxías da Información” e de “Redacción de contidos dixitais para márketing e vendas” será recibido antes do comezo do seu curso. Publicarase máis adiante e nesta mesma web a data de comezo de cada un dos cursos.
EN HORARIO DE MAÑÁ:
| GRUPOS DA OFERTA ORDINARIA (agás o CS Desenvolvemento de aplicacións web (DAW) vespertino) | HORAS |
|---|---|
| Segundos cursos de ciclos medios e superiores (agás DAW) | 9:00 |
| Primeiros cursos de ciclos superiores (agás DAW) | 10:00 |
| Primeiros cursos de ciclos medios | 11:30 |
| FP Básica (primeiro e segundo curso) | 13:00 |
EN HORARIO DE TARDE:
| GRUPOS DA OFERTA DE DISTANCIA, DA OFERTA DUAL E O CS DAW VESPERTINO | HORAS |
|---|---|
| CS DAW vespertino (primeiro e segundo curso) | 16:00 |
| FP dual (todos os grupos) | 17:00 |
| Distancia (De xeito presencial no centro educativo ou telemáticamente a través de webex dende esta ligazón) | 18:00 |