O profesorado do noso centro participou nunha sesión de formación interna sobre o uso da plataforma Moodle, impartida pola nosa compañeira Mai Senra.
A actividade permitiu reforzar os coñecementos do profesorado no emprego desta ferramenta dixital, mellorando a creación de contidos, a xestión das aulas virtuais e o seguimento do alumnado. Este tipo de iniciativas favorecen a actualización continua das competencias dixitais docentes e contribúen á mellora dos procesos de ensinanza-aprendizaxe no centro.