Coincidindo coas celebracións do 8M, a nosa antiga alumna Alba Couce visitou o Ciclo Superior de Proxectos de Edificación para compartir as súas experiencias tras finalizar os estudos.

Durante a visita, Alba explicou como aplica os coñecementos adquiridos durante a súa etapa no CIFP Rodolfo Ucha no mercado laboral e como compaxina o seu traballo actual nun estudo de arquitectura mentres cursa Arquitectura Técnica na Universidade da Coruña.

Ademais, impartiu ao alumnado o taller práctico “HACKEA LA CASA” sobre a evolución da distribución das vivendas, analizando como se adaptaron ás necesidades da sociedade actual.

Visitas coma a de Alba son unha fonte de inspiración para o noso alumnado e motivan a continuar ofrecendo unha formación de calidade que prepare aos nosos estudantes para o éxito profesional.

Accesibilidade