Parte do noso profesorado participa no seminario sobre o Deseño Universal para a Aprendizaxe (DUA), unha formación que combina a reflexión pedagóxica con ferramentas prácticas para a aula.
O curso comeza coa análise do concepto de inclusión e do propio Deseño Universal para a Aprendizaxe, promovendo a reflexión sobre as barreiras á participación do alumnado e as estratexias para reducilas.
Esta formación desenvolverase ao longo de varias sesións durante o presente curso escolar.



