Para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero que ten lugar todos os 25 de novembro, lanzamos un ano máis a convocatoria do  Concurso de Chíos Contra a Violencia de Xenero na súa segunda edición.

Anímate a participar. Tes de prazo até as 15 horas do xoves 10 decembro e podes ser ti o gañador do premio.

A etiqueta para publicar é #ViolenciaDeXeneNON.

Os chíos (un máximo de tres por persoa) deben estar escritos en lingua galega, non superar os 100 caracteres, deben publicarse dentro do prazo e coa etiqueta e deben enviarse, tamén en prazo, ao enderezo de correo electrónico concursos@cifprodolfoucha.es

Podes (e debes) consultar as bases completas aquí.

Ánimo e sorte.