O pasado xoves 26 de maio, catro expertos en ciberterrorismo e ciberseguridade da garda civil compartiron cos alumnos do curso de especialización en ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información unha xornada que abarcou varios aspectos relacionados co seu traballo diario dentro do ámbito dos ciberdelitos e o ciberterrorismo.

A xornada, que comezou as 17:00hs e se prolongou ata as 22:00hs, contou coas seguintes ponencias:

  • “III  National  Cyberleague: Liga Nacional de retos no ciberespazo organizada pola Garda Civil”
  • “Adquisición e almacenaxe de forma segura de evidencias“
  • “Análise Forense en dispositivos móbiles“
  • “Seguridade en aplicacións móbiles“

Cada un dos asistentes á charla recibiu ademais un agasallo por parte dos ponentes: un Tricoin, a cibermoeda da garda civil.

Desde o curso de especialización queremos agradecer o compartir o seu tempo e coñecemento connosco e esperamos poder volver contar con eles en próximos cursos.