Os días 23, 24 e 25 de maio, alumnado do Ciclo Superior de Proyectos de Edificación acompañados polas profesoras do ciclo Mª Digna Faraldo e Carmen Prieto, viaxaron a Barcelona para visitar a Feria da construcción Building Construmat.

Neses tres días percorreron tamén lugares emblemáticos de Barcelona com a Catedral da Sagrada familia, o Parque Güell, e as casas Batlló e Milá . Así mesmo alumnado e profesoras visitaron en distintos grupos o Museo do deseño, a Fundación Miró, o castelo de Montjuic, o Porto Olímpico e o Palau Güell. O grupo tamén fixo unha visita polos barrios en transformación de San Antoni e Poble Sec e un pequeno percorrido polo mercado da Boquería.