As recentes VII Xornadas de Orientación da Comarca de Ferrol consolidáronse como un punto de encontro clave para o alumnado que próximamente deberá tomar decisións sobre o seu futuro académico e profesional.

O Departamento de Edificación e Obra Civil participou activamente nestas xornadas, amosando o traballo e os proxectos realizados polo noso alumnado. Ademais, tivemos a oportunidade de intervir nunha ponencia dedicada a informar sobre as opcións académicas que ofrece o Ciclo Superior de Proxectos de Edificación, achegando aos estudantes ás oportunidades que brinda esta formación.

Se non puideches asistir á xornada e queres coñecer máis sobre a nosa oferta educativa, invitámoste a visitarnos no CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro. Agardámoste!

Accesibilidade