Este mes rematou o seminario sobre o Deseño Universal para a Aprendizaxe (DUA), unha formación que combina a reflexión pedagóxica con ferramentas prácticas para a aula.
Os docentes que asistiron profundaron no enfoque DUA. Ademais, coñeceron como actuar e adaptar os materiais e recursos docentes ante as necesidades específicas de apoio educativo presentes no noso centro.
