Os perfís profesionais de cada un dos ciclos formativos veñen determinados polo Decreto no que se establece o currículo respectivo e que inclúe as competencias profesionais do alumnado e as ocupacións e postos de traballo máis salientables.

Administración e xestión

CM Xestión administrativa

  • Auxiliar administrativo/a
  • Axudante de oficina.
  • Auxiliar administrativo/a de cobramentos e pagamentos.
  • Administrativo/a comercial.
  • Auxiliar administrativo/a de xestión de persoal.
  • Auxiliar administrativo/a das administracións públicas.
  • Recepcionista.
  • Empregado/a de atención á clientela, tesouraría e medios de pagamento.

CS Administración e finanzas

  • Administrativo/a de oficina.
  • Administrativo/a comercial e de loxística.
  • Administrativo/a financeiro, contable, de banca e de seguros.
  • Administrativo/a de recursos humanos.
  • Administrativo/a da Administración pública.
  • Administrativo/a de asesorías xurídicas, contables, laborais e fiscais ou xestorías.
  • Técnico/a en xestión de cobramentos.
  • Responsable de atención á clientela.

CS Asistencia á dirección

  • Asistente á dirección.
  • Asistente persoal.
  • Secretario/a de dirección.
  • Asistente de despachos e oficinas.
  • Asistente xurídico/a.
  • Asistente en departamentos de recursos humanos.
  • Administrativo/a na Administración e en organismos públicos

Actividades físicas e deportivas

CS Ensinanza e animación sociodeportiva

  • Profesor/a de actividades físico-deportivas (natación, atletismo, baloncesto, voleibol, tenis, pádel, etc.).
  • Animador/a físico-deportivo/a e recreativo/a, de actividades de inclusión sociodeportiva, de veladas e espectáculos en instalacións turísticas, e de actividades recreativas ao aire libre en instalacións turísticas.
  • Coordinador/a de actividades de animación deportiva, de actividades físico-deportivas en instalacións deportivas de empresas turísticas ou entidades públicas e privadas, de tempo libre educativo infantil e xuvenil, de campamentos, de albergues de xuventude, de casas de colonias, de granxas-escola, de aulas de casas de xuventude e escolas de natureza, e de actividades paracurriculares no marco escolar.
  • Responsable de proxectos de tempo libre educativo infantil e xuvenil.
  • Director/a de tempo libre educativo infantil e xuvenil, de campamentos, de albergues de xuventude, de casas de colonias, de granxas-escola, de aulas de casas de xuventude e escolas de natureza, e de actividades paracurriculares no marco escolar.
  • Xefe/a de departamento de animación turística.
  • Cronometrador/a, xuíz/a e árbitro/a de competicións deportivas non oficiais.
  • Promotor/a deportivo/a de competicións de nivel elemental ou social e de eventos deportivos de nivel básico.
  • Monitor/a de actividades físico-deportivas e recreativas en campamentos de tempo libre.
  • Socorrista en instalacións acuáticas.

Comercio e márketing

CM Actividades comerciais

  • Vendedor/ora.
  • Vendedor/ora técnico/a.
  • Representante comercial.
  • Orientador/ora comercial.
  • Promotor/ora.
  • Televendedor/ora.
  • Vendedor/ora a distancia.
  • Teleoperador/ora (en “call centers”).
  • Axente de información e atención á clientela.
  • Caixeiro/a ou repoñedor/ora.
  • Operador/ora de “contact centers”.
  • Administrador/ora de contidos en liña.
  • Comerciante de tenda.
  • Xerente de pequeno comercio.
  • Técnico/a en xestión de existencias e almacén.
  • Xefe/a de almacén.
  • Responsable de recepción e expedición de mercadorías.
  • Técnico/a en loxística de almacéns.
  • Técnico/a de información e atención á clientela en empresas.

CS Xestión de vendas e espazos comerciais

  • Xefe/a de vendas.
  • Representante comercial.
  • Axente comercial.
  • Encargado/a de tenda.
  • Encargado/a de sección dun comercio.
  • Vendedor/ora técnico/a.
  • Coordinador/ora de comerciais.
  • Supervisor/ora de telemárketing.
  • Merchandiser.
  • Escaparatista comercial.
  • Deseñador/ora de espazos comerciais.
  • Responsable de promocións no punto de venda.
  • Especialista en implantación de espazos comerciais.

CS Márketing e publicidade

  • Asistente do/da xefe/a de produto.
  • Técnico/a de márketing.
  • Técnico/a en publicidade.
  • Técnico/a en relacións públicas.
  • Organizador/a de eventos de márketing e comunicación.
  • Auxiliar de medios en empresas de publicidade.
  • Controlador/a de cursaxe ou emisión en medios de comunicación.
  • Técnico/a en estudos de mercado e opinión pública.
  • Técnico/a en traballos de campo.
  • Inspector/a de persoal enquisador.
  • Axente de enquisas e censos.
  • Codificador/a de datos para as investigacións de mercados.

Edificación e obra civil

CS Proxectos de edificación

  • Delineante proxectista de edificación.
  • Delineante de edificación.
  • Delineante de instalacións.
  • Maquetista de construción.
  • Axudante de xefe/a de oficina técnica.
  • Axudante de planificador/ora.
  • Axudante de técnico/a de control de custos.
  • Técnico/a de control documental.
  • Especialista en trazas.
  • Axudante de procesos de certificación enerxética de edificios.
  • Técnico/a de eficiencia enerxética de edificios.
  • Delineante proxectista de redes e sistemas de distribución de fluídos.

Hostalaría e turismo

CS Guía, información e asistencia turísticas

  • Guía local.
  • Guía acompañante.
  • Guía en lugares onde se localicen bens de interese cultural.
  • Informador/ora turístico/a.
  • Xefe/a de oficinas de información.
  • Promotor/ora turístico/a.
  • Técnico/a de empresa de consultoría turística.
  • Axente de desenvolvemento turístico local.
  • Azafata/asistente en medios de transporte terrestre ou marítimo.
  • Asistente en terminais (estacións, portos e aeroportos).
  • Encargado/a de facturación en terminais de transporte.
  • Asistente en feiras, congresos e convencións.

Informática e comunicacións

CB Informática de oficina

  • Axudante de montador/a de sistemas microinformáticos.
  • Axudante de mantemento de sistemas informáticos.
  • Axudante de instalador/a de sistemas informáticos.
  • Axudante de instalador/a de sistemas para transmisión de datos.
  • Auxiliar de oficina.
  • Auxiliar de servizos xerais.
  • Gravador/a-verificador/a de datos.
  • Auxiliar de dixitalización.
  • Operador/a documental.

CM Sistemas microinformáticos e redes

  • Técnico/a instaladora/a ou reparador/a de equipamentos informáticos.
  • Técnico/a de soporte informático.
  • Técnico/a de redes de datos.
  • Reparador/a de periféricos de sistemas microinformáticos.
  • Comercial de microinformática.
  • Operador/a de teleasistencia.
  • Operador/a de sistemas.

CS Administración de sistemas informáticos en rede

  • Técnico/a en administración de sistemas.
  • Responsable de informática.
  • Técnico/a en servizos de internet.
  • Técnico/a en servizos de mensaxaría electrónica.
  • Persoal de apoio e soporte técnico.
  • Técnico/a en teleasistencia.
  • Técnico/a en administración de base de datos.
  • Técnico/a de redes.
  • Supervisor/ora de sistemas.
  • Técnico/a en servizos de comunicacións.
  • Técnico/a en contornos web.

CS Desenvolvemento de aplicacións web

  • Programador/ora web.
  • Programador/ora multimedia.
  • Desenvolvedor/ora de aplicacións en contornos web.
  • Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma
  • Desenvolvedor/ora de aplicacións informáticas para a xestión empresarial e de negocio.
  • Desenvolvedor/ora de aplicacións de propósito xeral.
  • Desenvolvedor/ora de aplicacións no ámbito do entretemento e a informática móbil.