O día 17 de febreiro tivo lugar a 5ª xornada do obradoiro de creación audiovisual enmarcado dentro do contrato programa CPinclúe no que está a participar o noso centro. A este obradoiro asisten os grupos de 2º de DAW en horario de tarde e 2º deSMIR en horario de mañá. Nesta sesión os dous grupos completaron a planificación dos seus proxectos, definindo o esquema de bloques da película, o guion técnico e necesidades, o plan de traballo e as funcións de cada membro no equipo. Ademais comezaron as locucións no estudo de gravación e a rodaxe de secuencias tanto na aula coma noutros espazos do centro. Ambos grupos amosaron unha grande profesionalidade e os proxectos comezan a cobrar forma. Xa estamos todos desexando que estean rematados para poder desfrutar dos mesmos!