O día 25 de novembro de 13:00 a 15:00 e de 16:00 a 18:00 tivo lugar a 1ª xornada do obradoiro de creación audiovisual enmarcado dentro do contrato programa CPinclúe no que está a participar o noso centro. A este obradoiro asisten os grupos de 2º de DAW en horario de tarde e 2º de SMIR en horario de mañá.

Nesta sesión realizouse unha introdución á linguaxe audiovisual e os estudantes realizaron as súas primeiras probas de cámara traballando cos encadres e mesmo chegaron a realizar pequenas presentacións ou trailers de películas e revistas a partir dun guión gráfico ou storyboard resultando unha xornada moi amena.