O vindeiro curso 2024-2025, o Ciclo Superior Proxectos de Edificación do noso centro impartirase tanto en oferta ordinaria (como viña sendo habitual) como no réxime dual intensivo.
A FP dual intensiva ten como finalidade a cualificación profesional das persoas nun réxime de alternancia da formación no centro educativo coa actividade formativa e laboral nunha empresa. Ademais de poder formarse directamente nun entorno produtivo, as persoas matriculadas nun ciclo dual intensivo reciben unha remuneración económica durante a súa estadía na empresa.