Gustaríache ser un experto no deseño e representación de edificios? Entón este ciclo é para ti! Aquí aprenderás as habilidades teóricas e prácticas necesarias para destacar neste apaixonante sector.

E para que tomes a mellor decisión para o teu futuro o profesorado do Ciclo Superior Proxectos de Edificación estará dispoñible cada xoves para brindarche toda a información que necesites: características do curso, materias, saídas profesionais… De 10:40 a 12:40 responderemos a todas as túas preguntas.

Xa non tes escusa! Non deixes pasar esta oportunidade de formarche nunha profesión con alta demanda laboral e contribuír ao desenvolvemento de proxectos que transforman a nosa contorna.

Esperámosche no CIFP Rodolfo Ucha!