CS GUÍA, INFORMACIÓN E ASISTENCIA TURÍSTICAS

FAMILIA PROFESIONAL 

Hostalaría e turismo

 

TÍTULO QUE SE OBTÉN

Técnico superior en Guía, información e asistencia turísticas

 

SAÍDAS PROFESIONAIS

Este profesional exerce a súa actividade no sector turístico, entendido este no seu sentido máis amplo, o que inclúe calquera tipo de eventos, terminais de viaxeiros e empresas de transporte, ademais das áreas turísticas tradicionais, como destinos e puntos de información, entre outros. Ademais, está capacitado para a creación e a implantación de plans e actividades de desenvolvemento locais, en relación co mesmo sector.

Trátase de persoal traballador por conta allea ou por conta propia, incluíndo a posibilidade de ocupar postos na Administración ou en entes de características similares (consorcios, padroados, etc.).

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Guía local.
  • Guía acompañante.
  • Guía en lugares onde se localicen bens de interese cultural.
  • Informador/ora turístico/a.
  • Xefe/a de oficinas de información.
  • Promotor/ora turístico/a.
  • Técnico/a de empresa de consultoría turística.
  • Axente de desenvolvemento turístico local.
  • Asistente en medios de transporte terrestre ou marítimo.
  • Asistente en terminais (estacións, portos e aeroportos).
  • Encargado/a de facturación en terminais de transporte.
  • Asistente en feiras, congresos e convencións.
  • Encargado/a de servizos en eventos.

Plan de estudos

 Primeiro curso

Módulos  Horas
 Destinos turísticos 213
 Estrutura do mercado turístico 133
 Formación e orientación laboral 107
 Inglés 160
 Márketing turístico 160
 Recursos turísticos 187

 

Segundo curso

 Módulos  Horas
 Deseño de produtos turísticos 140
 Empresa e iniciativa emprendedora 53
 Procesos de guía e asistencia turística 105
 Protocolo e relacións públicas 105
 Proxecto de guía, información e asistencia turísticas 26
  Segunda lingua estranxeira 157
  Servizos de información turística 70
 Formación en centros de traballo

 384

IDIOMAS

As linguas utilizadas para o ensino/aprendizaxe son o galego e o castelán (agás os módulos específicos de linguas estranxeiras). No caso de haber seccións bilingües autorizadas, eses módulos profesionais incorporarán tamén a lingua estranxeira establecida en ditas seccións bilingües