
O pasado xoves 19 de xuño tivo lugar a cerimonia de gradación da promoción 2023-2025 do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro de Ferrol. O acto celebrouse no Auditorio de Caranza, nun ambiente emotivo acompañado por representantes da Concellería de Educación, docentes e familiares.
Durante o evento, recoñeceuse o esforzo, a dedicación e o crecemento persoal e profesional do alumnado ao longo da súa etapa formativa.
Queremos destacar ao noso alumnado do Ciclo Superior de Proxectos de Edificación, un ciclo que continúa mostrando unha alta taxa de inserción laboral, pois unha elevada porcentaxe de estudantes incorpórase directamente ao mercado de traballo tras finalizar o seu período de prácticas en empresas do sector.
Outros dos nosos titulados e tituladas, pola súa banda, optarán por seguir ampliando a súa formación académica, dando o salto a estudos universitarios relacionados coa edificación, a arquitectura ou a enxeñería.
Desde o centro, queremos felicitar a todos os graduados e graduadas por esta importante etapa culminada, e desexarlles o maior dos éxitos nos seus próximos retos profesionais e persoais.

