• Evento “PROXÉCTA-T”

    Xornadas de orientación profesional e de emprendemento, no salón de actos do centro para alumnado de 2º cursos. Un grupo de ponentes darán información sobre saídas laborais, oposicións, universidade, carreira militar e outros. Consulta o programa na web do centro

  • Visita ao museo do videoxogo

    O alumnado do 2º CM Sistemas mircorinformáticos visitará o museo do Videoxogo en Cangas, aproveitarán tamén  a viaxe para coñecer a zona.

  • Charla sobre a muller na Enxeñería

    Charla sobre o papel da muller na exeñería para alumnado 1º do CS Admisnistración de Sistemas Informáticos e para  1º do CM  Sistemas Microinformáticos

  • Charla sobre a muller na Enxeñería

    Charla sobre o papel da muller na exeñería para alumnado 1º do CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma e para  1º do CS  Proxectos de Edificación

  • Bautismo de surf

    O alumnado de 2º curso do CS Ensinanza e animación sociodeportiva achegarase ata a praia de Pantin para recibir unhas clases de surf.

  • FlashMob na Praza de Lugo (A Coruña)

    O alumnado de 2º do CS Ensinanza e Animación Sociodeportiva realizará unha actividade de expresión coporal mediante un FLASMOB para praza de Lugo (A Coruña)

  • III Xornadas “Un mar de oportunidades, mergúllate!”

    O alumnado e profesorado do CS Guía, información e asistencia turísticas organiza as III Xornadas "Un mar de oportunidades, mergúllate!", asistirán ponentes relacionados co sector profesional, ao mesmo tempo a actividade será para o alumnado unha posta en práctica dos conñecementos adquiridos en materia de organización de eventos, protocolo.

  • Encontros no Camiño

    O alumnado do 2º curso do CS Ensinanza e animación sociodeportiva compartirán una anaco do Camiño de Santiago co alumnado de ASPANEPS. Aproveitarán esta xornada para intercambiar experiencias.    

  • Xornadas de Orientación

    Unha representación do alumando de todas as familias profesionais do centro darán a coñecer os seus estudos ao alumnado doutros centros

Accesibilidade