O luns 20 de xuño tivo lugar a defensa dos Proxectos en edificación realizados polo alumnado do 2º curso do Ciclo Superior de Proxectos de Edificación que impartimos no CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro, en Ferrol.

O obxectivo do módulo de Proxecto en Edificación é o reforzo e consolidación das competencias profesionais, persoais e sociais, que se viñeron traballando ao longo de todo o ciclo formativo, a través do desenvolvemento dun Proxecto de vivenda unifamiliar illada.

Os proxectos desenvoltos incluíron ademais da memoria descritiva e os planos da edificación, a certificación enerxética e o orzamento da obra así como o desenvolvemento das instalacións básicas.

Case todos os Proxectos de edificación foron rematados, entregados e defendidos… con éxito
De parte dos membros do Departamento de Edificación e Obra Civil grazas ao alumnado de 2º pola súa actitude e polo seu traballo e…moita sorte!

A continuación mostramos unha selección de imaxes correspondentes aos proxectos realizados: