CS PROXECTOS DE EDIFICACIÓN

FAMILIA PROFESIONAL

Edificación e obra civil

 

TÍTULO QUE SE OBTÉN

Técnico superior en Proxectos de edificación

 

SAÍDAS PROFESIONAIS

As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade como persoal asalariado ou autónomo en estudios de arquitectura, enxeñaría e delineación, en consultorías, en promotoras inmobiliarias, en empresas construtoras e na Administración. A súa actividade está regulada.

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

Delineante proxectista de edificación.
Delineante de edificación.
Delineante de instalacións
Maquetista de construción
Axudante de xefe/a de oficina técnica.
Axudante de planificador/ora.
Axudante de técnico/a de control de custos.
Técnico/a de control documental.
Especialista en implantacións.
Axudante de procesos de certificación enerxética de edificios.
Técnico/a de eficiencia enerxética de edificios.
Delineante proxectista de redes e sistemas de distribución de fluídos

 

Plan de estudos

Primeiro curso

 Módulos  Horas
 Deseño e construción de edificios 133
 Estruturas de construción 107
 Implantacións de construción 133
 Instalacións en edificación 133
 Representacións de construción 347
 Formación e orientación laboral 107

Segundo curso

 Módulos  Horas
 Desenvolvemento de proxectos de edificación non residencial 123
Desenvolvemento de proxectos de edificación residencial 210
 Eficiencia enerxética en edificación 70
 Empresa e iniciativa emprendedora 53
 Medicións e valoracións de construción 87
 Planificación de construción 87
 Proxecto en edificación 26
 Formación en centros de traballo 384

 

IDIOMA

As linguas utilizadas para o ensino/aprendizaxe son o galego e o castelán. No caso de haber seccións bilingües autorizadas, eses módulos profesionais incorporarán tamén a lingua estranxeira establecida en ditas seccións bilingües