CS PROXECTOS DE EDIFICACIÓN
FAMILIA PROFESIONAL
Edificación e obra civil
TÍTULO QUE SE OBTÉN
Técnico superior en Proxectos de edificación
SAÍDAS PROFESIONAIS
As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade como persoal asalariado ou autónomo en estudios de arquitectura, enxeñaría e delineación, en consultorías, en promotoras inmobiliarias, en empresas construtoras e na Administración. A súa actividade está regulada.
As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
Delineante proxectista de edificación.
Delineante de edificación.
Delineante de instalacións
Maquetista de construción
Axudante de xefe/a de oficina técnica.
Axudante de planificador/ora.
Axudante de técnico/a de control de custos.
Técnico/a de control documental.
Especialista en implantacións.
Axudante de procesos de certificación enerxética de edificios.
Técnico/a de eficiencia enerxética de edificios.
Delineante proxectista de redes e sistemas de distribución de fluídos
Plan de estudos
IDIOMA
As linguas utilizadas para o ensino/aprendizaxe son o galego e o castelán. No caso de haber seccións bilingües autorizadas, eses módulos profesionais incorporarán tamén a lingua estranxeira establecida en ditas seccións bilingües
