CONTACTO E NOTIFICACIÓNS

INSTRUCIÓNS COVID-19 DURANTE O CURSO 2022-2023

Durante o curso 2022-2023 non haberá un protocolo específico de adaptación ao contexto da COVID-19 no ámbito educativo. Non obstante, será preciso observar unha serie de recomendacións. As principais son as seguintes:

Ventilación de espazos

A axeitada ventilación tense amosado como unha medida de saúde e hixiene eficaz
na prevención de diferentes enfermidades e a redución da propagación aérea de
patóxenos. Realizaranse tarefas de ventilación cruzada frecuente nas instalacións. É recomendable ventilar por espazo de polo menos 15 minutos ao inicio da xornada, 15 minutos ao remate de cada xornada (mañá e tarde), durante os recreos, e durante as 1 de 3 clases e entre estas sempre que as condicións climatolóxicas o permitan. As recomendacións xerais de ventilación vixentes en cursos anteriores seguen a ser válidas.

 

Hixiene de mans e hixiene respiratoria

Promoverase o lavado de mans regular, especialmente antes e despois de comer, despois de ir ao baño e logo dos recreos.
De igual xeito deberase gardar unha axeitada hixiene respiratoria polo que ao tusir ou esbirrar cubrirase a boca e o nariz coa cara interior do cóbado ou cun pano Uso de máscara.

 

Uso de máscara

A máscara utilizarase no transporte escolar de acordo ao previsto con para o transporte con carácter xeral.
Recoméndase o uso da máscara:
• A persoas que presenten síntomas compatibles coa COVID-19.
• A persoas con criterios de vulnerabilidade, especialmente en situacións de alta incidencia comunitaria.
• A persoas que presenten sintomatoloxía respiratoria, con ou sen sospeita de COVID-19.
En todo caso porase especial coidado en coidar e previr a estigmatización das persoas que, con condicións de risco de Covid-19 ou por decisión persoal, utilicen máscara.

Pódese acceder ao documento completo de recomendacións premendo aquí.