Obradoiros de busca de emprego
esta ligazón poderás inscribirte nos obradoiros para a procura de emprego que organizamos nas datas e horas que se indican.
Nova actividade do Plan de Igualdade
Concurso Pechakucha en conmemoración do Día da Muller O vindeiro venres 6 de marzo co gallo da conmemoración do Día da Muller que terá lugar 48 horas despois, celebraremos no salón de actos do noso centro a final do concurso pechakucha que lanzamos para o alumnado dos nosos ciclos, en especial para aquel que curse
Cinema contra a violencia de xénero
Coa presenza da directora Xiana do Teixeiro que participou nos posteriores coloquios, pasamos onte no salón de actos do noso centro a película documental “Tódalas mulleres que coñezo” . Fixéronse senllos pases, para FP básica e ciclos medios ás 10:45h, e para os ciclos superiores ás 13:00h. O documental xira en torno á pregunta, “Somos
1º Concurso de Fotografía pola Igualdade
Dentro do desenvolvemento do plan de igualdade confeccionado polo noso centro para este curso 2019 – 2020 convocamos o 1º Concurso de Fotografía pola Igualdade do CIFP Rodolfo Ucha, para o noso alumnado, profesorado e persoal de administración e servizos. Queremos ver en fotos situacións que deixen de manifesto a igualdade de capacidades e de
Obradoiro de defensa persoal contra a violencia de xénero
Os vindeiros martes e mércores 17 e 18 de decembro realizarase nas instalacións do noso centro un obradoiro de defensa persoal enfocado á autodefensa das mulleres en casos de violencia de xénero, sempre e cando se acade un mínimo de dez persoas interesadas. As sesións serán de dúas horas nas tardes dos días indicados. Para
Papaventos ao aire
A última hora desta mañá e no recínto do centro dadas as previsións meteorolóxicas que desaconsellaban acudir á praia de Caranza, voamos os papaventos escritos coas mensaxes contra a violencia de xénero e a prol da igualdade entre homes e mulleres. Velaí unha ampla galería de fotos do acto:
Acto contra a violencia de xénero para conmemorar o 25 N.
Hoxe aproveitando o segundo recreo ás 12:40 celebramos un emotivo acto onde Irene Alcalá Amado puxo música e voz, (e que voz!) para arroupar a lectura dos nomes das vítimas deste ano por violencia machista. No decorado había dous taboleiros: un cos chíos do concurso que tivemos a semana pasada e outro para que os
Teatro contra a violencia de xénero
Hoxe celebramos nun ateigado salón de actos e con grande éxito, a representación da obra teatral Golpes que baixo a dirección de Xosé Leis e coa interpretación de Estíbaliz Veiga supón un alegato en contra da violencia machista e encádrase nos actos que o noso centro ten previstos para conmemorar o Día Internacional Contra a
CONCURSO DE CHÍOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Imos conmemorar o Día Internacionál Contra a Violencia de Xénero o vindeiro martes día 26 coa solta de papaventos que levarán na súa cola os chíos do concurso. O hashtag para publicar será: #NonViolenciaDeXenero Aquí tes o cartel e as bases:
Concurso de Ideas “Emprender no UCHA”
O prazo para presentar as candidaturas está aberto, tan só tes que enviar este formulario cuberto e dende o Dpto. de Emprende nos poñeremos en contacto para facer o seguimento da idea e conseguir que gañes un dos premios que temos preparados. Animádevos! a vosa idea ten premio!. Formulario de inscripción Novidades desta convocatoria: –