Alumnado Erasmus + do centro educativo Lycée Balata, da Güiana Francesa, en colaboración co profesorado do CS Proxectos de edificación do noso centro, iniciou esta semana o seu período de formación en empresas de Ferrol. Acompañan aos estudantes durante a súa estancia na nosa cidade os seus profesores Priscella de Graven e Ouriel Piejos.

Os estudos de arquitectura e entidades que colaboran nesta formación son Nemesio arquitectura , EM2 Obradoiro de arquitectos, Giovanna Sánchez Arquitectura e o Concello de Ferrol.

A continuación mostramos algunhas imaxes da presentación do alumnado nas  empresas nas que están a facer a súa formación práctica

Yvana , Fayes e o seu profesorado en compañía de Magdalena López titular do estudio Nemesio Arquitectura
Yvana , Fayes e o seu profesorado do Lycée Balata en compañía de Magdalena López, titular do estudio Nemesio Arquitectura
Tayron, Delphano e o profesorado do Lycée Balata e do CIFP Rodolfo Ucha co equipo do estudio EM2 Obradoiro de arquitectos
Steevy, Joris e a profesora do CS de Proxectos de Edificación Cristina Pérez co equipo do estudio Giovanna Sánchez Arquitectura