CS ENSINANZA E ANIMACIÓN SOCIODEPORTIVA

FAMILIA PROFESIONAL

Actividades físicas e deportivas

 

Título que se obtén

Técnico superior en Ensinanza e Animación Sociodeportiva

 

Saídas profesionais

Este técnico exercerá a súa actividade en:

  • Empresas de servizos deportivos.
  • Padroados de deportes ou entidades deportivas municipais.
  • Clubes ou asociacións deportivas.
  • Clubes ou asociacións de carácter social.
  • Empresas turísticas: hoteis, cámpings, balnearios, etc.
  • Grandes empresas con servizos deportivos para os seus traballadores.
  • Centros xeriátricos ou de carácter social.
  • Federacións deportivas.
  • Organismos públicos de deportes (deputacións, direccións xerais de deportes, etc.).

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Promotor de actividades físico-deportivas.
  • Animador de actividades físico-deportivas.
  • Coordinador de actividades polideportivas.
  • Monitor de actividades físico-deportivas recreativas individuais, de equipo e con implementos.

 

Plan de estudos

Primeiro curso

 Módulos Horas
MP1141. Actividades físicodeportivas de implementos 160
MP1139. Actividades físicodeportivas individuais 186
MP1145. Formación e orientación laboral 107
MP1143. Metodoloxía do ensino de actividades físicodeportivas 107
MP1136. Valoración da condición física e intervención en accidentes 240
MP1138. Xogos e actividades físicorecreativas e de animación turística 160

Segundo curso 

 Módulos Horas
 Actividades de lecer e tempo libre 156
 Actividades físicodeportivas de equipo 140
 Actividades físicodeportivas para a inclusión social 105
 Dinamización grupal 123
 Empresa e iniciativa emprendedora 53
 Formación en centros de traballo 384
 Planificación de animación sociodeportiva 53
 Proxecto de ensino e animación sociodeportiva 26

 

Idioma

As linguas utilizadas para o ensino/aprendizaxe son o galego e o castelán. No caso de haber seccións bilingües autorizadas, eses módulos profesionais incorporarán tamén a lingua estranxeira establecida en ditas seccións bilingües