CS ENSINANZA E ANIMACIÓN SOCIODEPORTIVA
FAMILIA PROFESIONAL
Actividades físicas e deportivas
Título que se obtén
Técnico superior en Ensinanza e Animación Sociodeportiva
Saídas profesionais
Este técnico exercerá a súa actividade en:
- Empresas de servizos deportivos.
- Padroados de deportes ou entidades deportivas municipais.
- Clubes ou asociacións deportivas.
- Clubes ou asociacións de carácter social.
- Empresas turísticas: hoteis, cámpings, balnearios, etc.
- Grandes empresas con servizos deportivos para os seus traballadores.
- Centros xeriátricos ou de carácter social.
- Federacións deportivas.
- Organismos públicos de deportes (deputacións, direccións xerais de deportes, etc.).
As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
- Promotor de actividades físico-deportivas.
- Animador de actividades físico-deportivas.
- Coordinador de actividades polideportivas.
- Monitor de actividades físico-deportivas recreativas individuais, de equipo e con implementos.
Plan de estudos

Idioma
As linguas utilizadas para o ensino/aprendizaxe son o galego e o castelán. No caso de haber seccións bilingües autorizadas, eses módulos profesionais incorporarán tamén a lingua estranxeira establecida en ditas seccións bilingües
