Grazas ao Plan Proxecta+ “Por 365 días de respecto e igualdade” levado a cabo por docentes do centro, o alumnado do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro puido desfrutar dunha gran variedade de actividades. Deixámosvos un resumo:

  • Dia 1 de febreiro: Charla sobre violencia machista nas relacións de parella na mocidade para o alumnado de 1º do ciclo medio de Xestión Administrativa e Actividades Comerciais.
  • Día 6 de febreiro: Obra teatral “Mozas nas redes” da que desfrutou todo o alumnado do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro.
  • Día 18 de marzo: Charla ofrecida pola Asociación de familias de menores Trans para concienciar sobre a diversidade afectivo-sexual e contra a LGTBIfobia. Acuden á charla todos os alumnos/as de 1º cursos e FP Básica.
  • Do día 20 de marzo ao 9 de abril: Exposición “Dille Non a violencia de xénero” no hall do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro.
  • Actividades con motivo do 8 de marzo “Día Internacional da Muller”:

Debido á celebración do 8M, o alumnado do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro participo na montaxe dun mural na entrada do centro sobre os estereotipo masculinos, femininos e a importancia da igualdade.

Ademáis, expuxéronse os carteis elaborados polos alumnos e alumnas do centro para o concurso da Secretaría de Igualdade da Xunta co gallo do 8M.

Así de bonito lucíu o centro por mor da celebración do Día Internacional da Muller, grazas a todo o alumnado que participou!