Grazas ao Plan Proxecta+ “Por 365 días de respecto e igualdade” levado a cabo por docentes do centro, o alumnado do CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro puido desfrutar dunha gran variedade de actividades. Deixámosvos un resumo das actividades que tiveron lugar na primeira avaliación:
- Convocatoria de CONCURSO DE CARTEIS CO GALLO DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
![](https://www.cifprodolfoucha.es/wp-content/uploads/2024/05/carteis.png)
Actividades de aula con motivo da preparación dos actos conmemorativos do 25N:
- Elaboración dos carteis para participar no concurso.
- Creación e ensaios da canción conmemorativa polo 25N.
- Elaboración do manifesto do centro CIFP Rodolfo Ucha en relación ao 25N.
- Confección das flores de papel, unha por cada unha das vítimas por violencia machista no 2023, para a ofrenda floral do 25N.
- Montaxe do mural na entrada do centro en contra da violencia de xénero.
![](https://www.cifprodolfoucha.es/wp-content/uploads/2024/05/2D03D73E-1094-4014-9752-8078A2541D55-1-576x1024.jpg)
![](https://www.cifprodolfoucha.es/wp-content/uploads/2024/05/IMG_9530-768x1024.jpg)
![](https://www.cifprodolfoucha.es/wp-content/uploads/2024/05/IMG_9532-1-768x1024.jpg)
Actos conmemorativos do 25N DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO celebrados o 24 de novembro compostos por:
- Andaina por Caranza a prol da loita contra a violencia de xénero.
- Entrega de premios do concurso de carteis do 25N
- Canción elaborada e interpretada polo alumnado do ciclo medio de Actividades Comerciais.
- Lectura do manifesto elaborado polo alumnado do ciclo superior de Xestión de Vendas Dual.
- Plantación de árbore conmemorativa e ofrenda floral polas vítimas das mulleres por violencia machista durante o 2023.
- Mural de mensaxes e plasmación de mans en contra da violencia de xénero.
![](https://www.cifprodolfoucha.es/wp-content/uploads/2024/05/IMG_9546-1-1-768x1024.jpg)
![](https://www.cifprodolfoucha.es/wp-content/uploads/2024/05/IMG_9541-1-1024x768.jpg)
![](https://www.cifprodolfoucha.es/wp-content/uploads/2024/05/IMG_9539-1024x768.jpg)
![](https://www.cifprodolfoucha.es/wp-content/uploads/2024/05/IMG_9534-768x1024.jpg)
![](https://www.cifprodolfoucha.es/wp-content/uploads/2024/05/IMG_9533-768x1024.jpg)