CS GUÍA, INFORMACIÓN E ASISTENCIA TURÍSTICAS
FAMILIA PROFESIONAL
Hostalaría e turismo
TÍTULO QUE SE OBTÉN
Técnico superior en Guía, información e asistencia turísticas
SAÍDAS PROFESIONAIS
Este profesional exerce a súa actividade no sector turístico, entendido este no seu sentido máis amplo, o que inclúe calquera tipo de eventos, terminais de viaxeiros e empresas de transporte, ademais das áreas turísticas tradicionais, como destinos e puntos de información, entre outros. Ademais, está capacitado para a creación e a implantación de plans e actividades de desenvolvemento locais, en relación co mesmo sector.
Trátase de persoal traballador por conta allea ou por conta propia, incluíndo a posibilidade de ocupar postos na Administración ou en entes de características similares (consorcios, padroados, etc.).
As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
- Guía local.
- Guía acompañante.
- Guía en lugares onde se localicen bens de interese cultural.
- Informador/ora turístico/a.
- Xefe/a de oficinas de información.
- Promotor/ora turístico/a.
- Técnico/a de empresa de consultoría turística.
- Axente de desenvolvemento turístico local.
- Asistente en medios de transporte terrestre ou marítimo.
- Asistente en terminais (estacións, portos e aeroportos).
- Encargado/a de facturación en terminais de transporte.
- Asistente en feiras, congresos e convencións.
- Encargado/a de servizos en eventos.
Plan de estudos
IDIOMAS
As linguas utilizadas para o ensino/aprendizaxe son o galego e o castelán (agás os módulos específicos de linguas estranxeiras). No caso de haber seccións bilingües autorizadas, eses módulos profesionais incorporarán tamén a lingua estranxeira establecida en ditas seccións bilingües

