O profesorado do departamento de Comercio e Márketing participou recentemente nun curso de formación sobre o uso do plóter de corte, unha ferramenta cada vez máis empregada no deseño e produción de materiais publicitarios e de escaparatismo.

Esta formación permitirá mellorar a creación de soportes gráficos e elementos visuais aplicables tanto ás actividades de aula como á tenda prototipo do centro, favorecendo unha aprendizaxe máis práctica, creativa e vinculada á realidade do sector comercial. A actualización técnica do profesorado resulta fundamental para seguir impulsando metodoloxías innovadoras adaptadas ás necesidades actuais do comercio e do márketing.

Accesibilidade