Todos os textos participantes estarán expostos na planta 1ª do centro.


Un ano máis, se demostrou que unha boa historia non precisa moitas palabras para emocionar, sorprender, facer pensar ou deixar pegada. Nesta edición recibimos textos cheos de creatividade, sensibilidade e talento, nos que cada participante soubo construír un pequeno universo literario en apenas unhas liñas.
Queremos felicitar especialmente ás persoas gañadoras, cuxos microrrelatos destacaron pola súa calidade expresiva, orixinalidade, coidado da lingua galega e capacidade para transmitir unha historia completa nun formato tan breve e esixente.


1º Premio:  Simona Herghelegiu Oprea. CM Xestión Administrativa (Modular)
2º Premio:  Claudia Rodríguez Bellas.  1º CM Actividades Comerciais


Agradecemos a participación de todo o alumnado que se animou a escribir e compartir as súas creacións. Concursos coma este axúdannos a manter viva a lingua, a fomentar a expresión escrita e a demostrar que a literatura tamén ten un espazo propio na vida do noso centro.


Tamén darlles as grazas as persoas docentes que animaron á participación. Sen o voso apoio tería sido imposible!
Parabéns ás persoas premiadas e grazas a todas as participantes por facer medrar, un ano máis, este certame literario.


Equipo Dinamización Lingua Galega

Accesibilidade