O CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro convoca a XIII edición do seu Concurso de Microrrelatos en Lingua Galega, unha iniciativa xa consolidada que ten como obxectivo fomentar a creatividade, a expresión escrita e o uso da lingua galega entre toda a comunidade educativa.

Nesta nova edición, convidamos ao alumnado matriculado no curso 2025-2026 e ao resto da comunidade educativa a participar cun único microrrelato orixinal e inédito, escrito en lingua galega, cunha extensión máxima de 150 palabras. O texto poderá adoptar calquera forma ou xénero —conto, poesía, teatro, fábula, ensaio ou outras propostas híbridas—, sempre que incorpore en calquera parte do relato a expresión obrigatoria:

“…ao espertar…”

O microrrelato deberá levar título e presentarse baixo pseudónimo. Para participar, será necesario envialo como ficheiro adxunto ao enderezo electrónico concursos@cifprodolfoucha.es. No corpo da mensaxe deberán constar o nome e apelidos da persoa participante, o curso e ciclo no que está matriculada. O asunto do correo será o título do microrrelato.

O prazo de presentación permanecerá aberto ata o venres 17 de abril ás 23:59 h.

No caso do alumnado, establécense os seguintes premios:

  • se se presentan ata vinte textos, haberá un único premio de 200 €;
  • se se presentan máis de vinte textos, haberá un primeiro premio de 200 € e un segundo premio de 100 €.

Animamos a toda a comunidade educativa a participar nesta proposta cultural e creativa, que cada ano nos deixa pequenas historias capaces de sorprender, emocionar e facer pensar.

Ver bases do concurso.

Accesibilidade