Durante o período de exames da primeira avaliación do presente curso escolar na modalidade de distancia, debido a unha problemática co sistema de escolla para asistir aos mesmos, o non ter feito a escolla impediu a realización de algún exame a certo alumnado.
Debido ao anterior, e para que ese alumnado non se vexa prexudicado, vaise facer de xeito excepcional unha nova convocatoria de exames correspondentes a esa 1ª Avaliación.
Esta convocatoria vai dirixida única e exclusivamente a ese alumnado que non puido facer os exames no mes de decembro debido á problemática mencionada anteriormente.
En ningún caso, servirá para subir nota ou como recuperación de esa 1ª avaliación.
O calendario de exames para esta convocatoria está dispoñible aquí .
Por motivos loxísticos e de organización do centro educativo, é imprescindible que aquelas persoas que vaian asistir a estes exames, envíen un correo a cifp.rodolfo.ucha@edu.xunta.gal con data tope do 06/02/2026 ás 12:00 (AM) indicando a seguinte información:
- Nome e apelidos
- DNI/NIE/Pasaporte
- Ciclo formativo
- Módulo ou módulos dos que virá examinarse