CS PROXECTOS DE EDIFICACIÓN (DUAL INTENSIVA)
FAMILIA PROFESIONAL
Edificación e obra civil
TÍTULO QUE SE OBTÉN
Técnico superior en Proxectos de edificación
SAÍDAS PROFESIONAIS
As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade como persoal asalariado ou autónomo en estudios de arquitectura, enxeñaría e delineación, en consultorías, en promotoras inmobiliarias, en empresas construtoras e na Administración. A súa actividade está regulada.
As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:
Delineante proxectista de edificación.
Delineante de edificación.
Delineante de instalacións
Maquetista de construción
Axudante de xefe/a de oficina técnica.
Axudante de planificador/ora.
Axudante de técnico/a de control de custos.
Técnico/a de control documental.
Especialista en implantacións.
Axudante de procesos de certificación enerxética de edificios.
Técnico/a de eficiencia enerxética de edificios.
Delineante proxectista de redes e sistemas de distribución de fluídos
Plan de estudos
Primeiro curso
| Módulos |
| MP0567 – Deseño e construción de edificios |
| MP0562 – Estruturas de construción |
| MP0565 – Implantacións de construción |
| MP0179 – Inglés profesional |
| MP0568 – Instalacións en edificación |
| MP1709 – Itinerario persoal para a empregabilidade I |
| MP0563 – Representacións de construción |
| MP1708 – Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo |
Segundo curso
| Módulos |
| MP0571 – Desenvolvemento de proxectos de edificación non residencial |
| MP0570 – Desenvolvemento de proxectos de edificación residencial |
| MP0569 – Eficiencia enerxética en edificación |
| MP0574 – Empresa e iniciativa emprendedora |
| MPI999 – Lingua estranxeira profesional II |
| MP0564 – Medicións e valoracións de construción |
| MP0566 – Planificación de construción |
IDIOMA
As linguas utilizadas para o ensino/aprendizaxe son o galego e o castelán. No caso de haber seccións bilingües autorizadas, eses módulos profesionais incorporarán tamén a lingua estranxeira establecida en ditas seccións bilingües