O alumnado do Ciclo Superior de Proxectos de Edificación aprende a realizar levantamentos e implantacións topográficas.
Alumnas e alumnos comezaron medindo unha parcela con labores de planimetría e coa axuda dunha simple cinta métrica.
Posteriormente realizaron traballos de altimetría manexando xa un instrumento topográfico como é o nivel óptico.
Finalmente rematan o curso utilizando unha estación total electrónica e, tras volcar os datos obtidos ao ordenador, elaboran o modelo dixital do terreo coa aplicación informática CIVIL3D de Autodesk.

Nas imaxes podemos ver aos nosos alumnos manexando a estación total e o seu prisma na toma de medicións topográficas.