CS Desenvolvemento de Aplicacións Web
Familia profesional
Informática e comunicacións.
Título que se obtén
Técnico superior en Desenvolvemento de Aplicacións Web.
Saídas profesionais
As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en empresas ou entidades públicas ou privadas, por conta allea ou por conta propia, e desempeñan o seu traballo na área de desenvolvemento de aplicacións informáticas relacionadas con contornos web (intranet, extranet e internet).
As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son:
- Programador/ora web.
- Programador/ora multimedia.
- Desenvolvedor/ora de aplicacións en contornos web.
Plan de estudos
Primeiro curso (réxime ordinario – horario vespertino)
Módulos | Horas |
Bases de datos | 187 |
Contornos de desenvolvemento | 107 |
Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información | 133 |
Programación | 240 |
Sistemas informáticos | 186 |
Formación e orientación laboral | 107 |
Segundo curso (réxime ordinario – horario vespertino)
Módulos | Horas |
Desenvolvemento web en contorno cliente | 157 |
Desenvolvemento web en contorno servidor | 175 |
Empresa e iniciativa emprendedora | 53 |
Deseño de interfaces web | 157 |
Despregamento de aplicacións web | 88 |
Proxecto de desenvolvemento de aplicacións web | 26 |
Formación en centros de traballo | 384 |
Idioma
As linguas utilizadas para o ensino/aprendizaxe son o galego e o castelán.