CS Desenvolvemento de Aplicacións Web

CS Desenvolvemento de Aplicacións Web

Familia profesional

Informática e comunicacións.

Título que se obtén

Técnico superior en Desenvolvemento de Aplicacións Web.

Saídas profesionais

As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en empresas ou entidades públicas ou privadas, por conta allea ou por conta propia, e desempeñan o seu traballo na área de desenvolvemento de aplicacións informáticas relacionadas con contornos web (intranet, extranet e internet).

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son:

  • Programador/ora web.
  • Programador/ora multimedia.
  • Desenvolvedor/ora de aplicacións en contornos web.

Plan de estudos

Primeiro curso (réxime ordinario – horario vespertino)

 Módulos Horas
 Bases de datos 187
 Contornos de desenvolvemento 107
 Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información 133
 Programación 240
 Sistemas informáticos 186
 Formación e orientación laboral 107

Segundo curso (réxime modular – horario de tarde)

 Módulos Horas
 Desenvolvemento web en contorno cliente 157
 Desenvolvemento web en contorno servidor 175
 Empresa e iniciativa emprendedora 53
 Deseño de interfaces web 157
 Despregamento de aplicacións web 88
 Proxecto de desenvolvemento de aplicacións web 26
 Formación en centros de traballo 384

Idioma

As linguas utilizadas para o ensino/aprendizaxe son o galego e o castelán.

Máis Información