CS Administración de Sistemas Informáticos en rede

CS Administración de Sistemas Informáticos en rede

Familia profesional

Informática e comunicacións.

Título que se obtén

Técnico superior en Administración de Sistemas Informáticos en rede.

Saídas profesionais

Este profesional exerce a súa actividade na área de informática de entidades que dispoñan de sistemas para a xestión de datos e infraestrutura de redes (intranet, internet e/ou extranet).

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Técnico/a en administración de sistemas.
  • Responsable de informática.
  • Técnico/a en servizos de internet.
  • Técnico/a en servizos de mensaxaría electrónica.
  • Persoal de apoio e soporte técnico.
  • Técnico/a en teleasistencia.
  • Técnico/a en administración de base de datos.
  • Técnico/a de redes.
  • Supervisor/ora de sistemas.
  • Técnico/a en servizos de comunicacións.
  • Técnico/a en contornos web.

Plan de estudos

Primeiro curso

 Módulos Horas
 Fundamentos de hardware 107
 Implantación de sistemas operativos 213
 Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información 133
 Planificación e administración de redes 213
 Xestión de bases de datos 187
 Formación e orientación laboral 107

Segundo curso

 Módulos Horas
 Administración de sistemas operativos 140
 Administración de sistemas xestores de bases de datos 70
 Empresa e iniciativa emprendedora 53
 Implantación de aplicacións web 122
 Seguridade e alta dispoñibilidade 105
 Servizos de rede e internet 140
 Proxecto de administración de sistemas informáticos en rede 26
 Formación en centros de traballo 384

Idioma

As linguas utilizadas para o ensino/aprendizaxe son o galego e o castelán.

Máis Información