CM Sistemas Microinformáticos e Redes

CM Sistemas Microinformáticos e Redes

Familia profesional

Informática e comunicacións.

Título que se obtén

Técnico en sistemas microinformáticos e redes.

Saídas profesionais

Estas persoas exercen a súa actividade nomeadamente en empresas do sector de servizos dedicadas á comercialización, á montaxe e á reparación de equipamentos, redes e servizos microinformáticos en xeral, como parte do  soporte informático da organización, ou en entidades de calquera tamaño e calquera sector produtivo que utilicen sistemas microinformáticos e redes de datos para a súa xestión.

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Técnico/a instaladora/a ou reparador/a de equipamentos informáticos.
  • Técnico/a de soporte informático.
  • Técnico/a de redes de datos.
  • Reparador/a de periféricos de sistemas microinformáticos.
  • Comercial de microinformática.
  • Operador/a de teleasistencia.
  • Operador/a de sistemas.

Plan de estudos

Primeiro curso

 Módulos Horas
 Aplicacións ofimáticas 240
 Montaxe e mantemento de equipamentos 240
 Redes locais 213
 Sistemas operativos monoposto 160
 Formación e orientación laboral 107

Segundo curso

 Módulos Horas
 Aplicacións web 123
 Seguridade informática 140
 Servizos en rede 157
 Sistemas operativos en rede 157
 Empresa e iniciativa emprendedora 53
 Formación en centros de traballo 410

Idioma

As linguas utilizadas para o ensino/aprendizaxe son o galego e o castelán.

Máis Información