CS Asistencia á Dirección

CS Asistencia á Dirección

Datos do ciclo

Familia: Administración e xestión

Sistema educativo: LOE

Grao: Superior

Horas: 2000

Código: SADG02

Título que se obtén

Técnico superior en asistencia á dirección

Saídas profesionais

O Ámbito de traballo é asistir a dirección e outros departamentos nas actividades de organización, representación da entidade e funcións administrativa e documental, así como xestionar a información e a comunicación interna e externa, e realizar outras tarefas por delegación, utilizando, en caso necesario, a lingua inglesa e/ou outra lingua estranxeira, aplicando a normativa e os protocolos de xestión de calidade que aseguren a satisfacción da clientela ou dos usuarios, e actuando segundo as normas de prevención de riscos laborais e protección ambiental.

As ocupacións a desempeñar son: Asistente á dirección, asistente persoal, secretario/a de dirección, asistente de despachos e oficinas, asistente xurídico/a, asistente en departamentos de recursos humanos, administrativo/a na Administración e en organismos públicos

Plan de estudos

Primeiro curso

 Módulos Horas
 MP0179. Inglés 160
 MP0647. Xestión da documentación xurídica e empresarial 80
 MP0648. Recursos humanos e responsabilidade social corporativa 80
 MP0649. Ofimática e proceso da información 240
 MP0650. Proceso integral da actividade comercial 133
 MP0651. Comunicación e atención á clientela 160
 MP0665. Formación e orientación laboral 107

Segundo curso

 Módulos Horas
MP0180. Segunda lingua estranxeira 157
MP0661. Protocolo empresarial 158
MP0662. Organización de eventos empresariais 158
MP0663. Xestión avanzada da información 157
MP0664. Proxecto de Asistencia á Dirección 26
MP0667. Formación en centros de traballo 384

Idioma

As linguas utilizadas para o ensino/aprendizaxe son o galego e o castelán (agás os módulos específicos de linguas estranxeiras).

Máis Información