CM Xestión Administrativa

CM Xestión Administrativa

Familia profesional

Administración e xestión.

Título que se obtén

Técnico en xestión administrativa.

Saídas profesionais

Este profesional exerce a súa actividade en empresas grandes, medianas e pequenas, en calquera sector de actividade e nomeadamente no de servizos, así como nas administracións públicas, ofrecendo apoio administrativo nas tarefas de administración e xestión das referidas empresas e institucións, e prestándolle atención á clientela e á cidadanía.

As ocupacións e os postos de traballo máis salientables son os seguintes:

  • Auxiliar administrativo/a.
  • Axudante de oficina.
  • Auxiliar administrativo/a de cobramentos e pagamentos
  • Administrativo/a comercial.
  • Auxiliar administrativo/a de xestión de persoal
  • Auxiliar administrativo/a das administracións públicas.
  • Recepcionista.
  • Empregado/a de atención á clientela.
  • Empregado/a de tesouraría.
  • Empregado/a de medios de pagamento.

Plan de estudos

Primeiro curso

 Módulos Horas
 Operacións administrativas da compravenda 133
 Técnica contable 133
 Operacións auxiliares de xestión de tesouraría 160
 Tratamento informático da información 267
 Formación e orientación laboral 107
 Inglés 160

Segundo curso

 Módulos Horas
 Comunicación empresarial e atención á clientela 123
 Empresa e administración 123
 Empresa na aula 156
 Operacións administrativas de recursos humanos 123
 Tratamento da documentación contable 105
 Formación en centros de traballo 410

Idioma

As linguas utilizadas para o ensino/aprendizaxe son o galego e o castelán (agás os módulos específicos de linguas estranxeiras).

Máis Información