Categoría: FP Dual

Cartel anuncio FP Dual - CM Comercialización Produtos Alimentarios

PRAZAS VACANTES NO CICLO MEDIO DE COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS ALIMENTARIOS NA MODALIDADE DE FP DUAL

Aínda queda algunha praza sen cubrir para este novo ciclo medio en modalidade dual no que ser percibe unha remuneración á vez que se aprende unha profesión. As persoas interesadas, e que cumpran os requisitos, xa poden entregar no centro a súa solicitude para poder pasar á selección de admitidos por parte das empresas.

Cartel anuncio FP Dual - CM Comercialización Produtos Alimentarios

VACANTES NO CICLO MEDIO DE COMERCIALIZACIÓN DE PRODUTOS ALIMENTARIOS NA MODALIDADE DE FP DUAL

Aínda quedan prazas sen cubrir para este novo ciclo medio dual. As persoas interesadas, e que cumpran os requisitos, xa poden entregar no centro a súa solicitude para poder pasar á selección de admitidos por parte das empresas.

Listaxe provisional de solicitudes de FP dual no Rodolfo Ucha.

Xa se coñece a listaxe provisional de solicitudes para o ciclo medio de FP dual de Comercialización de produtos alimentarios. Tamén podes consultar a listaxe provisional de solicitudes para o ciclo superior de FP dual de Asistencia á dirección. Nestes casos falamos de solicitudes onde o Rodolfo Ucha Piñeiro foi o centro elixido en primeira opción.

Cartel FP Dual - CS de Asistencia á dirección

FP Dual – CS de Asistencia á dirección

O próximo curso 2019-2020 poderá cursarse no noso Centro o ciclo de grao superior de Asistencia á dirección na modalidade de Formación Profesional Dual. Este ciclo conta para o seu desenvolvemento coa colaboración de Navantia, S.A. Poden consultarse os requisitos e prazos para a admisión no seguinte enlace.

Cartel anuncio FP Dual - CM Comercialización Produtos Alimentarios

FP Dual – CM de Comercialización de produtos alimentarios

O próximo curso 2019-2020 poderá cursarse no noso Centro o ciclo de grao medio de Comercialización de produtos alimentarios na modalidade de Formación Profesional Dual. Este ciclo conta para o seu desenvolvemento coa colaboración das seguintes empresas: Centros Comerciales Carrefour S.A. (Carrefour) Auchan Retail España S.L.U. (Alcampo) Grupo GADISA (Gadis – Claudio – CASH IFA)