Erasmus para a xuventude emprendedora

Erasmus para a xuventude emprendedora

O Programa Erasmus para a Xuventude Emprendedora axuda á xuventude que desexa ser empresaria a adquirir as habilidades precisas para crear e/ou dirixir con éxito unha pequena ou mediana empresa en Europa.

A fin é adquirir e intercambiar coñecementos e ideas de negocio con empresarios experimentados cos cales convivan e colaboren durante períodos de 1 e 6 meses. A estancia está parcialmente subvencionada pola Comisión Europea.

Se realizas este programa, contarás cun punto de contacto local, que poderás atopar na seguinte ligazón. Estas entidades designadas pola Comisión Europea ofreceranche orientación ao longo do intercambio: axudaránche a presentar a solicitude e a establecer unha relación frutífera ca persoa empresaria adecuada, ademais de resolver calquera dúbida.

Se estás interesado, consulta máis información do programa.