Correspondentes xuvenís 3.0

Correspondentes xuvenís 3.0

Dende o CIFP Rodolfo Ucha queremos darvos a benvida ao programa Correspondentes Xuvenís 3.0, dependente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado que ten por fin promocionar e difundir información de interese para o alumnado.

Se queres coñecer as últimas novidades en cursos, bolsas, emprendemento, concursos, premios, vantaxes,… este é o teu espazo!

Visita a nosa canle, infórmate no taboleiro reservado para a xuventude na entrada do instituto, e síguenos no noso Instagram para que non perdas detalle de todos os temas relacionados coa xuventude.

Un ano máis agradecemos a Marcial Leal o deseño do logotipo do noso programa.

Tanto o profesorado participante como o alumnado voluntario quedamos á vosa disposición.

Non esquezas engadirnos no Instagram!