Medidas extraordinarias para a FCT 20-21

Medidas extraordinarias para a FCT 20-21

Como consecuencia da situación de pandemia, a Consellería de Educación ven de publicar unha serie de medidas extraordinarias a ter en conta para a realización de prácticas no curso 2020-2021.

Sempre que sexa posible, optarase por un desenvolvemento ordinario da FCT. Cando non sexa posible, poderase:

  • realizar a FCT parcialmente de xeito telemático
  • reducir a súa duración a 220 horas para os ciclos medios e superiores e a 130 horas para a FP básica
  • realizar un módulo integrado de 245 horas, no caso dos ciclos superiores
  • substituír a FCT por unha proposta de actividades asociadas ao ámbito laboral, no caso dos ciclos medios e FP básica
  • ampliar o período de desenvolvemento ata o 31-08-2021
  • reducir a esixencia de experiencia laboral para a exención da FCT a 6 meses a tempo completo

As prazas dispoñibles para a realización presencial da FCT serán asignadas tendo en conta da nota media dos módulos avalidados. O alumnado poderá presentar a renuncia ao módulo de FCT para non consumir a convocatoria asociada a este curso.