Doa sangue, doa vida … e gaña premios. Repetimos …

Doa sangue, doa vida … e gaña premios. Repetimos …

ATENCIÓN: O PRAZO PARA A RECOLLIDA DOS PREMIOS REMATA O DERRADEIRO DÍA DESTE MES, LUNS 30 DE NOVEMBRO DE 2020.

Na repetición do sorteo dos dous vales Amazon de 20€ que quedaron sen entregar ao non aparecer os/as gañadores/as da primeira rifa, resultou agraciado aquel alumnado doador, posuidor dos números que aparecen na imaxe .

Números premiados

Os afortunados ou afortunadas poden pasar a recoller o seu vale polo despacho da secretaria. É preciso entregar o resgardo do número premiado. De non apareceren, no prazo de 10 días quedarán desertos eses dous premios.

A todos e todas, moitas grazas por doar.