Doa sangue, doa vida.

Doa sangue, doa vida.

O vindeiro xoves 29 de outubro de 2020 teremos  a oportunidade de doar vida na unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) que ficará perante o noso cento de 9:30 a 14:30 e de 15:30 a 21:00 horas.

Como xa vén sendo costume queremos premiar a vosa altruísta participación. Nesta ocasión vamos compensar a non celebración do sorteo das dúas entradas de cinema, pola doazón do mes de marzo previa ao confinamento. En consecuencia, dobramos o incentivo e sortearemos entre o alumnado doador catro vales Amazon de 20€ .

E para que o premio non quede deserto será necesario que devolvades en dirección e no prazo de 24 horas, copia do número que vos entregarán no mesmo intre da doazón. Só eses números entrarán no sorteo e o resultado publicarase a través desta mesma páxina web.

Lembrade que para doar non se pode facer xexún e que se trata dun procedemento totalmente seguro.