Retómanse os cursos AFD

Retómanse os cursos AFD

As dúas accións formartivas dirixidas a persoas desempregadas, que tiñamos iniciadas e quedaran adiadas por mor da declaración do estado de alarma e o consecuente peche dos centros educativos, retomaranse o vindeiro luns 6 de xullo.

Estas son:

  • 2019/005427 ADGG0108 Asistencia á dirección.
  • 2019/005428 IFCD0111 Programación en linguaxes estruturadas de aplicacións de xestión.

A data de remate de ámbolos cursos será o 28 de xaneiro de 2021.