Cursos de especialización: a gran novidade da oferta educativa

Cursos de especialización: a gran novidade da oferta educativa

Aqueles titulados nalgún dos ciclos superiores da familia de Informática e comunicacións, poderán realizar o proceso de admisión a un novo curso de especialización en Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información, que se oferta para o vindeiro curso no noso centro.

Picando neste enlace poderás consultar a duración os contidos e máis a capacitación que esta titulación, única en Galicia, aporta a quen a obteña.

Lembra que o proceso de admisión remata o vindeiro 8 de xullo e que as prazas para este curso están limitadas a 20.

Non deixes pasar a oportunidade de marcar a diferencia na túa formación.