Novas semanais: cursos e formación

Novas semanais: cursos e formación

Esta semana presentamos os seguintes cursos:

Curso de caixa e xestión de pedidos: é unha formación de balde que oferta a Cruz Roja. Podes inscribirte no seu formulario online e consultar o evento do seu Facebook.

Cursos de verán de idiomas nas Universidades Galegas: consulta a oferta de linguas para a Universidade da Coruña, a Universidade de Vigo e a Universidade de Santiago de Compostela. Os prazos de inscrición son diferentes segundo a data de comezo do curso e da lingua de estudo.

Talentia Summit 20: Formación online con 4.000 prazas que convoca o Concello de Santiago. Consulta a oferta formativa que se organiza en tres bloques (idiomas, habilidades e actitudes, competencias profesionais), podes inscribirte xa ata o remate das prazas ofertadas.